xornada_como deixar de correr detras dos problemas

AXOBER organiza unha xornada práctica para mellorar a produtividade empresarial e “deixar de correr detrás dos problemas”

A Asociación de Empresarios de Bergantiños – AXOBER – celebra o vindeiro martes, 22 de setembro, unha nova xornada formativa dirixida a empresas, profesionais e persoas interesadas en optimizar a súa xestión diaria.

A sesión, que leva por título “Como deixar de correr detrás dos problemas”, terá lugar no Espazo Nature de Razo en horario de 10:30 a 12:30 horas. É unha xornada de carácter práctico centrada na metodoloxía LEAN, unha ferramenta clave para mellorar a produtividade, incrementar a rendibilidade e reforzar a satisfacción do cliente. Ao remate haberá un espazo para o café e o networking favorecendo o intercambio de experiencias entre as persoas asistentes.

O encontro está dirixido especialmente a xerentes de empresas, responsables de plantas, producción, operacións, almacén e loxística e profesionais implicados na organización e mellora de procesos.

Inscricións

A participación nesta xornada é gratuíta para as persoas socias de AXOBER, mentres que os acompañantes de socios deberán aboar 5 euros e non socios, 10 euros.

As inscricións xa están abertas e pódense realizar a través da seguinte ligazón: https://axober.org/axenda/xornada-teamandteam/

Esta é unha actividade organizada por AXOBER coa colaboración do Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e pola consultoría Team&Time.